jueves, 7 de mayo de 2009

OS BODEGÓNS DE PAUL CÉZANNE

A Paul Cézanne gustábanlle moito as froitas e por iso as pintaba nuns cadros que se chaman BODEGÓNS.




Mirade que ben o pasan estas froitas tomando un bo baño no leite.




Nais, pais, animádevos a ver este espectáculo... ¿A que entráronvos ganas de comer unha boa peza de froita ?

miércoles, 22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.




Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



miércoles, 1 de abril de 2009

As acuarelas gústannos.

Os nenos e nenas de infantil , 4 e 5 anos estamos pintando con acuarelas, ¿sabedes cómo se fai? Pois necesitamos un pincel, as acuarelas e auga, sí, sí, auga... e mirade que cousas tan lindas sabemos facer.

sábado, 28 de marzo de 2009

Os nosos nenúfares.

Imos pasear tranquilamente polas paisaxes que máis gustaban a este pintor, Claude Monet.



Despois de ver as augas de monet fixemos os nosos propios nenúfares. ¿Gústanvos?

viernes, 27 de marzo de 2009

¡ Somos uns artistas e unhas artistas!

Estes días coñecimos a un pintor moi interesante , facía uns cuadros moi parecidos a os nosos. Vades velos.

miércoles, 25 de marzo de 2009