miércoles, 22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Entre todas as clases de infantil fixemos un conto, que xa fomos colgando pouco a pouco no blog. Por fin, está rematado. Esperamos que valoredes todo o traballo que levamos para facelo. Chámase AVENTURA EN PONTEAREAS.




Ademais nun día tan importante, a gran protagonista é a biblioteca do noso cole. Se non a coñecedes, esta é unha boa oportunidade para coñecela. . Lembrade que a nosa biblioteca tamén ten blog que podedes visitar sempre que queirades.

Todos os debuxos que serven de decoración corresponden ás ilustracións que todos os nenos e nenas fixeron dos seus contos preferidos, que trouxeron ao cole a semana anterior. Non o fixeron nada mal, verdade?



miércoles, 1 de abril de 2009

As acuarelas gústannos.

Os nenos e nenas de infantil , 4 e 5 anos estamos pintando con acuarelas, ¿sabedes cómo se fai? Pois necesitamos un pincel, as acuarelas e auga, sí, sí, auga... e mirade que cousas tan lindas sabemos facer.